Porto de A Coruña. Autoridad Portuaria de A Coruña. Marina Coruña

XESTOR

Marina Coruña

CONTACTO

Paseo Alcalde Francisco Vázquez s/n
15001 A CORUÑA
Telf.: + 34 881 920 482
Fax: +34 981 228 181
Telf. 24h.: +34 606 695 106
This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.
www.marinacoruna.es

CARTAS NÁUTICAS: IHM 412, 412A, 4122, 4123,4126 - Coordenadas: 43º 22’ N 008º 23’ 194W

DERROTERO

A entrada desta Ría encóntrase entre a Punta do Seixo Branco e Punta Herminio distantes 2,2 millas. Entre estas Puntas fórmase unha baía dunhas 3 millas de saco de costas sucias e de pouco fondo. Aberta aos ventos do N e NO Só se encontra refuxio no Porto da Coruña.

O punto de referencia para o recoñecemento da Ría é a Torre de Hércules visible dende calquera lugar de aproximación. Case no centro da entrada da Ría da Coruña e máis próximos á Pta. Herminio encóntranse os Baixos Banco das Xacentes distantes entre 0,5 e 1,5 millas da Pta. Anterior e Basuril. Pódese supoñer que dadas as condicións de vento reinante nesta costa debe dárselle resgardo, case sempre, por romper nel o mar. A liña Cabo Prior-Torre de Hércules marca o límite occidental deste banco. A liña Illa da Marola-Pta da Toralla marcan o límite norte.

O Baixo da Mula, a algo máis de media milla da Pta. De Seixo Branco rompe cando o fan As Xacentes con fondos de 16 m. Encóntrase ao levante da enfi lación Prioriño Grande e a illa Gabeira ao N. da Praia de Doniños.

COMUNICACIÓNS E ACCESOS

- 9 km do aeroporto da Coruña
- 45 km do aeroporto de Santiago de Compostela
- 4 km das estacións de bus e tren
- A menos de 500 m do Hospital

TURISMO

- Castelo de San Antón
- Cidade Vella
- A Torre de Hércules
- Miradoiro de San Pedro
- Aquarium
- Museo Casa do Home

OUTROS

Porto clave de parada técnica para subministracións.

É o único porto do norte de Galicia con capacidade de albergar megaiates e darlles un completo servizo, incluíndo a maior estación fl otante de subministración do combustible do norte de España. Peirao dedicado en exclusiva para albergar megaiates de grande eslora. Peiraos protexidos por un dique de formigón fl otante que achega o abrigo necesario para o confort e seguridade das embarcacións amarradas.

CARACTERÍSTICAS:
Amarres: 480
Esloras: >60m.
Calado: 10 m.

Información Agua Electricidad  Aparcamiento Botiquín Estación Meteorológica Combustible Tránsitos Cámaras Recogida Basuras Recogida Aceites  Aguas Residuales Vigilancia VHF Duchas Aseos Restaurante Hielo  Rampa Varada   Escuela Vela  Escuela Buceo Club Náutico Oficinas 

Intecmar

Cetmar