Porto de Pontevedra. Autoridad Portuaria de Marín y Ría de Pontevedra,

XESTOR

Autoridad Portuaria de Marín y Ría de Pontevedra,

CONTACTO

Praia de Cantodarea s/n
36900 Marín - PONTEVEDRA
Telf.: +34 986 838 043
Fax: +34 986 881 324
This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.

CARTAS NÁUTICAS: 41,4152,4164,41B,42B,415C IHM - Coordenadas: 42°24’’’N 8°42’’’WO

DERROTERO

Ábrese nunha distancia de dúas millas e media, entre Punta Cabicastro e Cabo Udra, aberta ao oeste pero cunha barreira formada polas Illas de Ons e Onza. Entradas na Ría. Paso do NO pola Canle de Faxilda. A canle de Faxilda encóntrase entre o baixo Faxilda e Picamillo, con sondas entre 11,5 e 15 m. A baliza de Picamillo e a boia de Faxilda de día e as súas luces durante a noite facilitarán a navegación por este paso. Para tomalos con seguridade, débese levar a enfi lación de Punta Cabicastro e o Monte Domaio ao 124º. Ao estar sobre o paralelo do extremo norte das Ons, debe caer ao sur para evitar o baixo Laxe Montalvo. Pódese navegar moi próximo a Picamillo deixando a baliza ao Oeste. Paso da Canle de Camouco. Entre a Illa de Ons e o baixo do mesmo nome. Para tomar este paso, non hai ningún inconveniente coidando dar un resgardo de 200 m á Illa de Ons, axudándonos para o paso a baliza de Camouco. Máis ao Sur da praia de Melide, debe darse un resgardo de 400 m. á costa da Illa polo L. Paso por Camouco e Picamillo. Entre as torres de Camouco e Picamillo enténdense os baixos de Camouco, Laxe dos Rábalos e Lombo da Besta; entre estes dous está o paso de Carreira Falsa, de 200 m. de anchura. Este paso é practicable con fondos de máis de 3,5 m., salvo unha pedra de vela moi profunda ao L. da Torre de Camouco. Paso entre Ons e Onza. Este paso só débese tomar só en condicións de necesidade, tendo que pasar máis pegado á costa norte de Onza dándolle un resgardo de 200 m., para salvar o baixo de Loba ao sur de Ons.

COMUNICACIÓNS E ACCESOS

Aeroportos máis próximos: Lavacolla (Santiago), tlf. +34 981 547 501. Peinador (Vigo), tlf. +34 986 268 200. O porto está a 10 minutos da Autoestrada do Atlántico AP-9 con Santiago de Compostela a 40 km. e a 50 km. de Vigo.

TURISMO

“Nostra in mare fortuna”, así reza na divisa do escudo heráldico do concello de Marín que defi ne a clara alusión á vinculación que dende a antigüidade Marín tivo co mar. Cunha franxa costeira de algo máis de 8 km., bañada por augas da Ría, e que se estende dende Cantodarea ata Lapamán, dando acubillo a fermosos areais ou praias (Portocelo, Mogor, Aguete, Loira, O Santo, A Coviña e parte de  apamán), e cun só territorio insular, a illa do Santo. Importante porto pesqueiro e de mercadorías, conta ademais cun porto militar e outro deportivo. A súa situación fai de Marín o lugar idóneo para a práctica dos deportes náuticos: vela (Club de Mar de Aguete), remo (Club Ría de Marín) e piragüismo (Club Tambo). Pero Marín é moito máis que mar: o lago de Castiñeiras, compartido co veciño  concello de Vilaboa, unha paraxe dunha riqueza botánica e faunística sen igual. Os montes Pituco-Pornedo, Pastoriza e Castelo que nos darán diferentes vistas sobre a nosa ría. Casas con sabor a salitre e unhas rúas con historia faranos moi agradable un pase pola cidade.

 

CARACTERÍSTICAS:
Amarres: 126
Esloras: 6 a 8 m.
Calado: 6 m.

Información Agua Electricidad Aparcamiento Botiquín Estación Meteorológica Vigilancia VHF Oficinas 

Intecmar

Cetmar