Porto de Ares

XESTOR

Club Náutico Ría de Ares

CONTACTO
Avda. General Gabeiras, s/n
27700 Ares - A CORUÑA
Telf. +34 677 448 895
Fax +34 981 445 046
This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.
www.nauticoares.com

CARTAS NÁUTICAS: IHM 412, 412A - Coordenadas: 43º 25’ 1’’, 8º 15’ 0’’

DERROTERO

APROXIMACIÓN DE DÍA
A extensa boca (3,2’ M) da ría de Ares e Betanzos áchase entre a punta da Coitelada e a de Seixo Branco, orientada aos mares e ventos do cuarto cuadrante. Esta ría divídese en dous brazos: un cara ao S-SUESTE -Ría de Betanzos- e outro ao L -Ría de Ares é este último o que conduce á entrada do porto de Ares. Na recalada procédese como segue: situados a unha milla ao S verdadeiro do cabo Prioriño Chico poñeremos rumbo ao 130º ata que deixemos de ver a Torre de Hércules, momento no cal iremos metendo pouco a pouco 40º a babor ata ver o fi nal do espigón que protexe o porto ou, no seu caso, a baliza vermella que o coroa, poñendo rumbo entón cara a ela. A recalada non ofrece dificultade sempre e cando teñamos en conta o baixo e arrecifes da Miranda, situados a unhas 0,68 M ao S-SO de punta Miranda, e o baixo Catarroso, a 0,1 M ao SURSUESTE de punta da Cruz. Para evitalos abonda con dar un resgardo á costa de pouco menos dunha milla para o primeiro e de media milla ou menos para o segundo.

APROXIMACIÓN DE NOITE
Procederemos de igual forma tendo en conta o balizamento: vindo do N navegaremos en demanda da luz do faro de cabo Prioriño Chico (DB 5 s 36 m 23 M visible entre 225º e 129,5º) tendo pola popa e como referencia a do cabo Prior (GpD(1 2)B 15 s 107 m 22 M). Situados a unha milla ao S verdadeiro do cabo Prioriño Chicopoñeremos rumbo ao 130º ata que deixemos de ver a luz do faro da Torre de Hércules (GpD(4)B 20 s 106 m 23 M), o máis antigo do mundo en activo, momento no cal iremos metendo pouco a pouco 40º a babor ata ver a luz do fi nal do espigón do porto de Ares (GpD(3)R 9s 12m 5M).

COMUNICACIÓNS E ACCESOS

Estradas: Estrada local.
Trens: Pontedeume (a 9 km) Fene (a 10 km) Ferrol: estación FEVE, tlf: +34 981 37 04 01.
Autobuses: Estación de autobuses de Ferrol, tlf: +34 981 324 751.
Aeroportos: Alvedro (A Coruña), tlf. +34 981 187 200, Lavacolla (Santiago), tlf. +34 981 547 501

TURISMO

As Fragas do Eume é un parque natural creado o 30 de xullo de 1997 e abrangue 9.126 hectáreas nas ribeiras do río Eume, concretamente nos concellos de Cabanas, A Capela, Monfero, Pontedeume e As Pontes de García Rodríguez, todos eles da provincia da Coruña. Na actualidade residen no parque 521 persoas nos cinco municipios anteriormente nomeados. Foi declarado tamén como Lugar de Importancia Comunitaria, os seus límites cos do parque natural. As súas fragas están consideradas un dos mellores exemplos de bosque atlántico termófi lo do continente europeo.

CARACTERÍSTICAS:
Amarres: 341
Eslora: 6 a 16 m. 


Información Agua Electricidad Aparcamiento Botiquín Estación Meteorológica Taller Combustible Tránsitos Recogida Basuras Recogida Aceites Aguas Residuales Vigilancia VHF  Duchas Aseos Restaurante Hielo  Grúas Rampa Varada Escuela Vela Club Náutico Oficinas 

Intecmar

Cetmar