Puerto Deportivo de Baiona

CONTACTO:
Avda. Monte Real, s/n.
36300 Baiona - PONTEVEDRA
Telf. +34 986 385 107
Movil: +34 626 299 162
www.puertobaiona.com
This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.

CARTAS NÁUTICAS: 416, 417, 4167 IHM - Coordenadas: 42º 07.3’N 008º 50.6’W

DERROTERO

A ría de Baiona, está aberta completamente aos ventos do 3º e 4º cuadrante, cunha abra de 1 M entre as illas Ronseis ao SO de Punta Lameda e a punta do Boi, na península de Monterreal. É conveniente ter o Portolano da Ría de Baiona e entradas por mar para entender a situación xeográfica de todos os fitos na entrada a esta Ría. 1.- Do extremo NO da península de Monteferro avanza unha punta con Faro de Punta Lameda que será unha boa marca no noso rumbo procedendo da boca N ou da Ría de Vigo. 2.- Ao O do extremo máis meridional de Monteferro encontramos toda unha cadea de illotes, as Ronseis, e pedras, as Serralleiras que se estenden ata 1,7 M da súa falda e que constitúen as maiores illas e principais perigos que ten esta enseada de Baiona na súa parte N. 3.- Cara ao S de Serralleira fondean unha cadea de pedras, os Carallóns e ao NNO o baixo a Negra, todos balizados. Tres son as canles principais para entrar nesta enseada: Canle Principal, entre Serralleiras e Silleiro. Canle da Porta entre Ronsel de terra e Monteferro. Canle de Carracuido entre Ronsel de mar e Serralleiras.

COMUNICACIÓNS E ACCESOS

Estradas: Autoestrada do Atlantico AP-9.

Trens: Estación de Vigo a 20 km, conexión con toda a península.

Autobuses: Parada de autobuses ATSA (Baiona), Carabela Pinta, s/n, tlf. +34 986 355 530.

Estación de autobuses de Vigo: Avda. de Madrid, tlf. +34 986 373 411.

Aeroporto máis próximo: Peinador (Vigo) a 20 km, tlf. +34 986 268 200. Outros: Lavacolla (Santiago) a 100 km, tlf. +34 981 547 501, Alvedro (A Coruña) a 163 km, tlf. +34 981 187 200.

TURISMO

Praias: Praia América, Praia da Ladeira, Praia de Santa Marta, Praia de Barbeira e Ribeira a ambos os lados do Club de Iates.

Baiona, capital turística polo seu conxunto de rúas empedradas e os seus monumentos, foi declarada “Conxunto de Interese Histórico e Monumental”. Visitas obrigadas ao Castelo de Monterreal, muralla construída arredor de 1337, pero que xa existía desde o século X. Sobresaen as Torres do Reloxo, da Tenaza e do Príncipe cara ao océano. O casco vello de Baiona (conxunto de interese histórico-artístico). A réplica da Carabela Pinta que permanece amarrada, nos diques flotantes. A Virxe da Rocha monumento construído en granito sobre as rochas do monte de San Roque polo arquitecto Antonio Palacios, en 1930, ten 15 metros de altura e representa á Virxe sostendo unha barca. A súa cara e mans son de mármore branco e a súa coroa de porcelana. Santa María de Baiona do século XIII que foi considerada Colexiata desde 1482 a 1850. A capela de Santa Liberata de estilo plateresco. O monte da Groba (648 m) e o miradoiro do Cortelliño. O paseo de base da fortaleza, sobre o mar.

CARACTERÍSTICAS:
Amarres: 416
Esloras: 6 a 30 m.
Calado: 4 a 6 m

Información Agua Electricidad  Aparcamiento Botiquín Estación Meteorológica Taller  Combustible Tránsitos Cámaras Recogida Basuras Recogida Aceites  Aguas Residuales Vigilancia VHF  Duchas Aseos Restaurante Hielo  Rampa Varada   Oficinas 

Intecmar

Cetmar