Porto de Camariñas

XESTOR

Club Náutico de Camariñas

CONTACTO:
Peirao Novo s/n
15123 Camariñas - A CORUÑA
Telf. +34 981 737 130
This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.
www.cncamarinas.com

CARTAS NÁUTICAS: IHM 412, 4122, 4125, 4126 - Coordenadas: 43º21´7 N – 008º14´,6 W

DERROTERO

A Ría de Camariñas ábrese ao sur de Cabo Vilán. Cabo Vilán, se se vén do N, e Touriñán, se se procede do S, son os dous fitos para o recoñecemento desta ría. Entre a punta de Monte Farelo e a punta da Barca; aberta ao NO, e con 2 M de saco, atópase a ría de Camariñas. Fronte á boca, dous baixos (As Quebrantas e Leixón de Juanboy), condicionan a entrada. A Canle das Quebrantas, vindo do N, e resgardando o Baixo Bufardo, navegarase ata que a ermida de Nosa Sra. do Monte demore ao 135°, poñendo proa a ela, ata ter en? lado Vilán a 015° coa Punta do Corno, gobernando ao 179° coa igrexa de Muxía pola proa. Pasando entre o Farelo e a Quebranta Chica, ata descubrir a boca do río da Ponte do Porto. Aquí, ao 108´5°, proa á enfilación da Punta do Lago, ao NS do Castelo Novo, gobernar á procura do espigón do porto.

Canle da Barca: é máis ampla e mellor de navegar. Navegar ata ter a Punta Villueira coa Punta do Castelo Novo e a boca do río da Ponte do Porto ao 082°, gobernando despois este rumbo con proa á Punta Villueira ata que a igrexa de Muxía demore ao 179°. A partir de aquí, navegar coas indicacións anteriores. As embarcacións de vela non deben intentar o paso entre As Quebrantas salvo con boa mar e vento fixado.

COMUNICACIÓNS E ACCESOS

Aeroportos máis próximos: Alvedro (A Coruña) a 88 km, tlf. +34 981 187 200; Lavacolla
(Santiago), tlf. +34 981 547 501 .
Estación de Renfe da Coruña. Conexión con toda a península; tlf. +34 981 150 202.

TURISMO

A vila de Camariñas é un punto de referencia turística moi coñecido polo seu encaixe de palillos, que supón un testemuño excepcional da supervivencia das artes e ofi cios populares que permanece prácticamente nos seus contextos orixinais. Puntos de interese na zona son: a Igrexa de San Xurxo, a Ermida da Virxe do Monte, o Cemiterio dos Ingleses (en Xaviña), e o Faro de Cabo Vilán. O litoral que rodea o faro, o Mar de Reira, está conformado polas praias limpas e bravas, sempre azotadas pola resaca.

CARACTERÍSTICAS:
Amarres: 83
Esloras: 8 a 12 m.
Calado: 2 a 4 m.

Información Agua Electricidad Aparcamiento Botiquín Estación Meteorológica Taller  Combustible Tránsitos Recogida Basuras Recogida Aceites VHF Duchas Aseos Restaurante  Grúas Rampa Varada  Escuela Vela Club Náutico Oficinas 

Intecmar

Cetmar