Porto de Cangas

XESTOR

Club Náutico de Rodeira

CONTACTO

Puerto Deportivo s/n.
36940 Cangas do Morrazo
PONTEVEDRA
Telf. +34 986 304 246
Movil +34 647 641 238
This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.

CARTAS NÁUTICAS: 41, 416B, 4162 IHM - Coordenadas: 42º 15.6 N 008º 46.9’W

DERROTERO

O porto deportivo de Cangas encóntrase na costa N da ría de Vigo, entre o cabo Balea e punta Rodeira. Unha vez superados os baixos de Borneira que están balizados por torre branca e vermella ao seu NORDÉS encóntrase Punta Balea, antesala da enseada de Cangas do Morrazo, cunha amplitude de 1,2M e unha profundidade desde a demora ao 058º entre Balea e Rodeira de 0,7 M. En Punta Balea destaca un illote e as ruínas dunha antiga factoría cun espigón non practicable. A entrada a porto é franca realizándoa como para todos os da ría de Vigo, pola canle principal e achegándonos ao N, identificando a boia n.º 8 do Salgueirón. Precisamente este baix é o único obstáculo que nos podemos atopar. Podemos deixar a boia por Br ou Er e navegando ao N teremos a punta do espigón pola proa. O outro punto perigoso está máis cara ao interior da ría, os baixos de Rodeira, que tamén os delimita outra boia. En canto dobremos o espigón de abrigo exterior, encontrarémonos co peirao pesqueiro cara a babor e o deportivo ao N do espigón interior.

COMUNICACIÓNS E ACCESOS

Aeroporto máis próximo: Peinador (Vigo), tlf. +34 986 268 200 a 30 km. Outros: Lavacolla (Santiago), tlf. +34 981 547 501. Comunicada pola Autoestrada AP-9 a 12 quilómetros en dirección Vigo. O acceso pódese facer tamén por transporte marítimo desde Vigo con saídas cada media hora.

Estación Renfe: Estación de Pontevedra ou Estación de Vigo. Interconexión con toda a península e Portugal.

TURISMO

O orixinal núcleo pesqueiro de Cangas, que aínda conserva as súas estreitas rúas mariñeiras, posúe un moderno paseo marítimo que chega ata a Punta Rodeira, desde onde temos unhas espléndidas vistas da cidade de Vigo.

É obrigada a visita á igrexa de Santiago, antiga colexiata, e á cruz de Ofi cio de Defuntos, que se atopa na igrexa románica de Santo André de Hío, o máis soado calvario de Galicia.

A zona de praias non só ofrece o pracer dos seus belos recunchos naturais (Menduiña, Aldán, Rodeira, Liméns e A Barra), senón que tamén agocha verdadeiros tesouros arqueolóxicos, como os restos romanos de Donón.

CARACTERÍSTICAS

Amarres: 303
Esloras: 6 a 16 m.
Bocana: 110 m.
Calado: 5 m.

Información Agua Electricidad Aparcamiento Botiquín Estación Meteorológica Taller Combustible Tránsitos Recogida Basuras Recogida Aceites Vigilancia VHF  Duchas Restaurante Hielo Grúas Rampa Varada Club Náutico Oficinas 

Intecmar

Cetmar