Porto de Muxía

XESTOR

Empresa Cataventos

CONTACTO:
Ente Público Portos de Galicia Zona Centro
Empresa Cataventos
Telf. +34 666 369 324
Telf. Marinería: +34 673 168 199
Fax: +34 981 182 625
www.cataventos.net
This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.

CARTAS NÁUTICAS: 928, 927, 4131, 4141 IHM - Coordenadas: 43º6,4’N 009º12,8’W

DERROTERO

Este porto da Costa da Morte está situado na parte sur da ría de Camariñas. Cabo Vilán, se se vén do N, e Touriñán, se se procede do S, son os dous fi tos para o recoñecemento da ría de Camariñas. Os baixos das Quebrantas e Leixón de Juanboy condicionan a entrada. Canle das Quebrantas: Vindo do N, e resgardando o Baixo Bufardoen Cabo Vilán, navegarase ata que a ermida de Nosa Sra. do Monte demore ao 135º, poñendo proa a ela, ata ter enfilado Vilán ao 015º coa Punta do Corno, gobernando ao 179º coa igrexa de Muxía pola proa. Pasando entre o Farelo e a Quebranta Chica, ata descubrir a boca do río da Ponte do Porto. Aquí, ao 108 ´ 5º, proa á enfi lación da Punta do Lago, ao NS do Castelo Novo, gobernar á procura do espigón do porto. Canle da Barca: é máis ampla e mellor de navegar. Navegar ata ter a Punta Villueira coa Punta do Castelo Novo e a boca do río da Ponte do Porto ao 082º, gobernando despois este rumbo con proa á Punta Villueira ata que a igrexa de Muxía demore ao 179º. A partir de aquí, navegar coas indicacións anteriores.

COMUNICACIÓNS E ACCESOS

Aeroportos máis próximos: Lavacolla (Santiago); tlf. +34 981 547 501. Alvedro (A Coruña); tlf. +34 981 187 200

TURISMO

Este porto da Costa dA Morte está situado na mesma ría que Camariñas pero na parte S da súa boca. É un porto pesqueiro aínda menos frecuentado polo tráfi co deportivo que Camariñas. A Ría de Camariñas e Muxía ofrece numerosos puntos turísticos de interese: Cabo Vilán ubicado nunha paraxe de singular beleza; o chamado “Cemiterio dos ingleses” debido a que en febreiro de 1890 o buque escola desta nacionalidade “Serpent” naufragou ao N do Cabo Vilán; outros lugares de interese son a “pedra de abalar” no santuario de Nosa Señora da Barca e os restos do castelo de Soberán.


CARACTERÍSTICAS:
Amarres: 232
Esloras: 6 a 14 m.
Calado: 2 a 3 m.

Agua Aparcamiento Recogida Basuras Recogida Aceites Rampa Varada  

Intecmar

Cetmar