Porto de Pedras Negras

XESTOR

Club Náutico San Vicente do Mar

CONTACTO:
Porto Pedras Negras s/n
36980
San Vicente do Mar - O Grove
PONTEVEDRA
Telf. +34 986 738 325
Telf. "Marinería": +34 986 738 430
Fax +34 986 738 325
This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.
www.cnsvicente.org/web

CARTAS NÁUTICAS: 41, 4152, 4164, 41B, 42B, 415C IHM - Coordenadas: 42º 27.47 N 008º 55.1 W

DERROTERO

No primeiro tramo entre Con de Aguieira, elevado e de cor escura, e Punta Miranda a 1,2 M ao S (onde se atopa o porto deportivo de Pedras Negras), encontraremos unha costa sucia e escarpada, con pedras que avanzan ata 600 m da beira. Ao S desta punta Miranda, encóntranse as pedras que velan coñecidas como Redondas de Dentro e de Fóra. Ao LSL de Punta Miranda en wp: 42º 26,8’N 08º 55,36’W atópase unha pedra que vela a flor de auga e que é o final dunha restinga que parte da citada punta.

COMUNICACIÓNS E ACCESOS

Aeroportos máis próximos: Vigo (Peinador), Tlf. +34 986 268 200.
Outros: Lavacolla (Santiago); tlf. +34 981 547 501
Estación de trens máis próxima: Pontevedra. Tlf. +34 986 852 408

TURISMO

O Club Náutico San Vicente do Mar é un porto deportivo dotado dunhas excelentes instalacións. Atópase ao S da península do Grove e ao NO da fermosa praia da Lanzada.

A localidade do Grove celebra unha das festas gastronómicas de maior fama: a Festa do Marisco. Todo o mundo oíu falar do balneario da Toxa, unha illa que está unida por unha bonita ponte ao Grove. No Grove popularizáronse os servizos turísticos ao redor da actividade das bateas, complementados coa explicación da vida baixo o mar.

CARACTERÍSTICAS:
Amarres: 138
Esloras: 6 a 12 m.
Calado: 2 a 4 m.

Información Agua Electricidad Aparcamiento Botiquín Estación Meteorológica Taller  Combustible Tránsitos Cámaras Recogida Basuras Recogida Aceites  Aguas Residuales VHF  Duchas Aseos Restaurante Hielo Grúas Rampa Varada Escuela Vela Club Náutico Oficinas 

Intecmar

Cetmar