Porto de Pontevedra

XESTOR

Club Naval de Pontevedra

CONTACTO:
Avda. del Uruguay s/n
36002 Pontevedra - PONTEVEDRA
Telf.+34 986 861 022
Fax +34 986 861 022

CARTAS NÁUTICAS: 41,4152,4164,41B,42B,415C IHM - Coordenadas: 42º 26.1 N 008º 38.9 W

DERROTERO

A barra do Lérez está formada por un gran banco de area e lama que queda case en seco nas baixamares vivas e que só permite o acceso a Pontevedra a embarcacións que calen 3 m como máximo, nas preamares ordinarias. Abre entre as puntas de Campelo e a de Praceres, con 1 M de ancho. Só dispón dun paso desde a súa entrada ata Pontevedra. A condución está constituída por dous longos diques sinalizados con torres balizas. Das torres, son luminosas 3 en cada dique, e están situadas, as do S, unha na entrada, outra na 7ª (Tres Hermanas) e a terceira na 10ª torre, indicando a entrada de Mollabao.

As do N, unha na de entrada, outra na 4ª, sinalando o paso ás enseadas de Lourido e Saiñas, e a outra fronte á de Tres Hermanas. As correntes de mareas son pouco intensas. Porto moi seguro en pleno centro da cidade de Pontevedra. Para acceder ata el tan só hai que navegar cara ao fondo da ría ata entrar pola boca da canle, balizada con luces verde e vermella.

COMUNICACIÓNS E ACCESOS

Estradas: AP-9 Autoestrada do Atlántico a Pontevedra saída norte.

Trens e autobuses: Ten tanto estación Renfe (Tlf. +34 986 851 313) como estación de autobuses (Tlf. +34 986 852 408).

Aeroportos. Aeroporto máis próximo: Peinador (Vigo), a 30 km, tlf. +34 986 268 200.

Outros: Lavacolla (Santiago), tlf. +34 981 547 501

TURISMO

O porto de Pontevedra, situado no fondo da ría, na desembocadura do río Lérez, presenta unha dársena comercial e pesqueira que é utilizada por embarcacións menores, e unha dársena deportiva que se acha magnífi camente situada fronte ao casco urbano, no paseo fl uvial, cun club náutico que proporciona os servizos correspondentes. Pontevedra é unha cidade para ser paseada, con rúas prácidas, sosegadas e prazas para descansar. É a capital do Camiño de Santiago Portugués, e por ela pasan miles de peregrinos. A Virxe Peregrina simboliza a vinculación jacobea coa cidade. Os amantes das artes teñen a opción de entrar no Museo Provincial, que ocupa cinco edifi cios de gran beleza. Outros monumentos de interese especial son: a igrexa de San Bartolomeu, o convento de Santa Clara, o de San Francisco e as ruínas de Santo Domingo. Nos arredores da cidade encóntrase o mosteiro beneditino de Lérez, que conserva parte do claustro do século XVI e a igrexa neoclásica con fachada barroca do século XVIII.

CARACTERÍSTICAS:
Amarres: 130
Esloras: 6 a 16 m.
Calado: 2 a 4 m.

Información Agua Electricidad Aparcamiento Botiquín Estación Meteorológica Combustible Tránsitos Recogida Basuras Recogida Aceites Aguas Residuales Vigilancia VHF Duchas Aseos Restaurante Hielo Grúas  Club NáuticoOficinas 

Intecmar

Cetmar