Porto de Tui

XESTOR

 Club Náutico San Telmo

CONTACTO

Bajada al Embarcadero, nº2, Costa Suroccidental, Tui-Pontevedra.

Teléf: +34 986 602 464

This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.

www.cnsantelmo.com

CARTAS NÁUTICAS: 417 IHM - Coordenadas: 42º 02´ N 008º 38´ W

COMUNICACIÓNS E ACCESOS

Estradas:
Autovía A55 Vigo - Tui, Autovía AP-5 Peaxe. Ferrol - Tui Conexión coa autovía a Portugal.
Trens:
Estación en Tui. Estación de Guillarei para liñas nacionais.
Autobuses:
Liña regular a Vigo. Grandes liñas nacionais. Aeroportos: Vigo a 25 km.

DERROTERO

As instalacións náutico deportivas fluviais de Tui, están no maior río galego, o Miño, navegable ata Tui, a uns 30 km da desembocadura. É unha navegación que se fai difícil, como toda a navegación fluvial, polo cambiante dos fondos e as correntes. As mareas fanse sentir a uns 40 km augas arriba e a intensidade máxima da corrente en vaciante é de 4 nós e a súa diferenza entre preamar e baixamar entre a súa desembocadura e Tui chega a ser de máis dunha hora. Os sinais para acceder ao río Miño e navegar polo seu tramo internacional, están suxeitos a unha serie de condicionantes que garanten a seguridade da tripulación e a embarcación. a.- As variacións no seu caudal son por termo medio de 2 m entre a preamar e a baixamar. b.- Navegar sempre en condicións de media marea a alta para evitar varadas. c.- A corrente en vaciante é duns 4 nós de media. En mareas vivas e nalgúns puntos esta velocidade pódese chegar a dobrar. A corrente en entrante é dunha media de 3 nós e ao igual que na descendente pódese chegar a dobrar nalgún punto. d.- Calado máximo que non exceda de 2 m. e.- Non convén fiarse da cor da auga do río, é moi difícil apreciar se temos auga ou se pola nosa proa emerxe algún banco de area. En caso de dúbida moderar a velocidade ao máximo e no caso dun motor con cola, levantala para evitar que aspire a area.


TURISMO

Tui é unha das antigas provincias do Reino de Galicia que tivo unha grande importancia no pasado co seu esplendor medieval e como residencia de Reis. Ocupa unha situación fronteiriza coa veciña Portugal e dispón dun casco histórico moi importante presidido pola Catedral de Tui dos séculos XII e XIII e o Parador de Turismo de Tui ou Parador de San Telmo que reproduce a arquitectura palaciana galega. As visitas obrigadas comezan pola súa zona antiga cun bo número de casas nobres, prazas... que desembocan na Catedral de Tui de estilo románico e gótico, que é case unha fortaleza e cun bo número de capelas no seu interior con especial mención á súa fachada occidental. Podemos visitar tanto o Museo Catedralicio coma o Museo Diocesano con obxectos de prata e restos arqueolóxicos. Tras deixar a Catedral na praza de San Fernando podemos dar un bonito paseo polo núcleo histórico da cidade. As rúas de Entre Fornos, Canicouva, Corpo Santo ou Alfolís servirannos de guía. A zona antiga de Tui ten estrutura medieval, con angostas e estreitas rúas, con desniveis e moitas pequenas tendas e mesmo restos da muralla que rodeou á cidade. Tamén podemos observar as casas cos seus brasóns xa que esta cidadedominou gran parte do sur de Galicia.

 

CARACTERÍSTICAS:

Amarres: 95
Esloras: 8 metros
Calado: 1 metros

Información Agua Electricidad Aparcamiento Botiquín Estación Meteorológica Cámaras 

Intecmar

Cetmar