Porto de Viveiro

XESTOR

Marina Viveiro

CONTACTO

Avda. de Ramón Canosa s/n · 27850 Viveiro – LUGO
Telfs. +34 690 604 452 · +34 881 920 482
Fax + 34 981 228 181
www.marinacoruna.es · www.marinaviveiro.es
This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.
This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.

CARTAS NÁUTICAS: IHM 4082, 932, 931, 40 - Coordenadas: 43º 40’N 007º 36’W

DERROTERO

Entre a Punta do Faro polo L a Punta Socastro a 1 M por poñente, ábrese a boca da Ría de Viveiro que en forma de V corre de N a S para rematar fundíndose co val do río Landro. Río, que canalizado na súa desembocadura nos leva ao porto deportivo. As costas da ría de Viveiro son limpas, acantiladas e coa altura suficiente para proporcionar bo abrigo aos ventos do 3º e 4º cuadrante na súa vertente occidental, e dos NORDÉS e L na oriental. Poderemos navegar moi próximos á costa. A natureza dos fondos é principalmente de area. Antes da canle de entrada ao porto deportivo de Viveiro encóntranse as importantes instalacións portuarias comerciais e pesqueiras de Celeiro. A corrente nótase na canle do Landro con certa intensidade, chegando aos 3 nós en mareas vivas.

Marcas. Arribada ao porto.

1678 Faro da Punta Roncadoira
D-1679_1 Faro de Punta do Faro. Ría de Viveiro
1684 Faro de Isla Coelleira
1681 Faro de Celeiro. Punta do dique de abrigo

O espigón do Porto de Celeiro é a mellor marca para chegar á canle do Landro e á mariña de Viveiro. Superaremos a punta do espigón dándolle o resgardo conveniente. Por Br, aparécenos o peirao S de Celeiro e un pouco máis afastado a 400 m ao S a cabeceira do dique de condución do Landro e comezo da canle de entrada. A canle do Landro ten 80 m de boca. A súa primeira orientación fi xa o rumbo ao SURESTE; navegamos 0,25 M caendo ao S, nuns 300 m e por Br estamos na boca do porto deportivo de Viveiro. Acceder á mariña non supón difi cultade, a canle está dragada a 3 m.

COMUNICACIÓNS E ACCESOS

Estradas: Nacional 642 de Ribadeo a Ferrol. Comarcal C 640 en dirección Vilalba - Lugo.

Trens: Estación de Viveiro. FEVE Telf. +34 982 550 722.

Autobuses: Estación de autobuses de Viveiro-Celeiro Comunicación con Galicia e Asturias. Telf.: +34 982 551 177.

Aeroportos: A Coruña (Alvedro) a 140 km. Telf.: +34 981 187 200. Aeroporto de Santiago (Lavacolla) a 170 km. Telf.: +34 981 547 501. Aeroporto: Vigo (Peinador) a 220 km. Telf.: +34 986 268 200.

TURISMO

Abundantes restos arqueolóxicos. Dos restos da súa muralla, todavía permanecen en pé tres das súas portas: a do Valado, de orixe románica; a da vila, construída en 1217; e a do Castelo da Ponte. O románico deixou importantes pegadas; destacan as igrexas de San Pedro, de Santa María e a antiga conventual de San Francisco.

Viveiro é a poboación máis importante da costa lucense. Conta cun porto pesqueiro e deportivo. Debido á súa situación e a súa privilexiada posición está considerado un dos mellores portos de Galicia, o que se demostra pola gran cantidade de barcos de toda Europa que chegan a el.

É o centro turístico, comercial e administrativo da Mariña Lucense. De gran importancia artística, calquera visita que nos propoñamos a esta vila pasa irremediablemente por calquera das tres portas que aínda se conservan na antiga muralla. Son famosas as súas procesións relixiosas de Semana Santa.

CARACTERÍSTICAS:
Amarres: 235
Eslora Máxima: 20 m.
Calado Máximo: 3 m.
Bocana: 80 m.

Información Agua Electricidad  Aparcamiento Botiquín Estación Meteorológica Combustible Tránsitos Cámaras Recogida Basuras Recogida Aceites Vigilancia VHF  Duchas Aseos Restaurante Hielo  Grúas Rampa Varada  Club Náutico Oficinas 

Intecmar

Cetmar