Porto de Combarro

XESTOR

Combarromar, S.A.

CONTACTO:
Peirao de Combarro s/n
Poio - PONTEVEDRA
Telf. +34 986 778 415
Fax +34 986 778 416
Móvil +34 645 955 750
Cette adresse e-mail est protégée contre les robots spammeurs. Vous devez activer le JavaScript pour la visualiser.
www.combarromar.com

CARTAS NÁUTICAS: 41,4152,4164,41B,42B,415C IHM - Coordenadas: 42º 25,6 N 008º 42,2 W

DERROTERO

Cara ao interior da ría de Pontevedra, encontramos as praias de Mala Peste e Area Barca. Puntos salientables e perigosos para a navegación nesta zona son a pedra de Ouriceira, as pedras Malmuros e a punta de Chancelas, que despide arrecife cara ao S e cuxa extremidade meridional chámase punta Aguillón. Ao S desta punta temos a zona máis ao O da Illa de Tambo. Por proa a enseada de Combarro e de Campelo. Lembrar sempre que estamos nunha zona con pouco calado e fondos de area. Fondean multitude de bateas mexilloeiras e neses lugares sempre hai calado.

O porto de Combarro está formado por dous peiraos, o máis potente serve como dique de abrigo e sobre el encóntranse diversos edificios de servizo, o dique do N é máis pequeno e con pouco fondo. Combarro é un excelente fondeadoiro frecuentado polo protexido que está por moitas embarcacións que ancoran na súa rada. A empresa xestora pon todos os seus medios para o mantemento e a reparación dos barcos, así como unidades para chartear tanto de motor como de vela. Excelente e moderna Mariña e en pleno corazón da Ría de Pontevedra, nunha zona perfectamente protexida dos temporais invernais.

COMUNICACIÓNS E ACCESOS

Aeroportos máis próximos: Peinador (Vigo), a 60 km, tlf. +34 986 268 200.

Outros: Lavacolla (Santiago), tlf. +34 981 547 501.

Estación de autobuses en Pontevedra e liña regular.

Estación Renfe: Pontevedra a 25 km. Conexión con toda a Península, tlf. +34 986 851 313.

TURISMO

O pobo pesqueiro de Combarro declarado no ano 1972 conxunto de interese artístico e pintoresco, atópase no municipio de Poio, na ría de Pontevedra. Este singular pobo, cunha importancia tradicional como porto pesqueiro, dispón das instalacións precisas para o desembarco.

Unha das características do lugar son os máis de trinta hórreos que están aliñados nas inmediacións do mar e que constitúen a maior agrupación destas construcións en Galicia.

CARACTERÍSTICAS:
Amarres: 334
Esloras: 6 a 20 m.
Calado: 2 a 3,5 m.

Información Agua Electricidad  Aparcamiento Botiquín Estación Meteorológica Taller  Combustible Tránsitos Cámaras Recogida Basuras Recogida Aceites  Aguas Residuales Vigilancia VHF  Duchas Aseos Restaurante Hielo  Grúas Rampa Varada   Escuela Vela Club Náutico Oficinas 

Intecmar

Cetmar