Porto de Ferrol. Autoridad Portuaria Ferrol - San Cibrao. Curuxeiras - Club do Mar Ferrol

XESTOR

Club do Mar de Ferrol

CONTACTO

Ctra. Alta del Puerto, 18-bajo
15401 Ferrol - A CORUÑA
Telf. / Fax: +34 981 359 945
Este endereço de email está protegido contra piratas. Necessita ativar o JavaScript para o visualizar.
www.clubdomarferrol.es
Telf. Autoridad Portuaria Ferrol - San Cibrao: +34 981 338 075

CARTAS NÁUTICAS: 412 A, 4122 IHM - Coordenadas: 43º 28,7’N 008º 14,8’W

DERROTERO

Abre esta ría entre Prioriño Chico e a Punta Coitelada situada a 1,2M ao 130º, internándose en terra e en dirección L unhas 8 M. O seu primeiro tramo vaise estreitando ata os castelos de San Felipe ao N e da Palma na súa vertente S, separados 370 m, que unha vez superados dan paso a unha abrigada e ampla rada. As correntes nesta ría comezan a sentirse no momento da baixamar en dirección ao interior pola costa S e cara a fóra pola N. Á hora da preamar non se miden correntes, efecto que se coñece como Slack Water (30 minutos antes ou despois da Preamar ou a Baixamar a corrente vaise parando). Ao comezar a baixar a marea toda a dirección e intensidade diríxese cara á boca da ría. Poden alcanzar nas zonas máis estreitas e pouco profundas unha velocidade duns 2.5 a 3 nós.

Dende o O as crebadas dos montes Ventoso ao N e ao S, Monte Faro, (de noite iluminadas as antenas situadas no seu cume) cuxas faldras baixan ata o mar. Se se arriba do N, recoñecido Prior, barallar a costa ata Prioriño por Br.

COMUNICACIÓNS E ACCESOS

A uns 50 km está o aeroporto de Alvedro
Estación de ferrocarril en Ferrol
Conexión con toda Galicia a través da Autoestrada do Atlantico AP-9

TURISMO

Ubicado a uns 50 km da Coruña é unha cidade eminentemente marítima tanto pola súa historia como polo seu porto, actividades pesqueiras e praias.

É recomendable visitar como mínimo o seu casco antigo co Barrio da Magdalena onde tamén se atopa a Igrexa de San Francisco do século XVIII. Neste barrio da Magdalena destacan as súas rúas en damero e as súas casas de galerías. Tamén se pode ver a concatedral de San Xulián, o Castelo de San Felipe construído en 1577 na mesma boca da ría para defender o porto de Ferrol. Tamén na boca da ría áchase o Castelo da Palma

CARACTERÍSTICAS:
Amarres: 254
Esloras: 6 a 12 m.


Información Agua Electricidad  Aparcamiento Botiquín Estación Meteorológica Recogida Basuras Recogida Aceites VHF Duchas Aseos Rampa Varada Oficinas

Intecmar

Cetmar