Porto de Vigo. Autoridad Portuaria de Vigo. Acimut Norte, S.L.

XESTOR

Acimut Norte, S.L.

CONTACTO

Muelle de San Adrián s/n
36141 Vilaboa - PONTEVEDRA
Telf.: +34 618 826 330, +34 986 673 807
Fax: +34 986 672 545
Telf. "Marinería": +34 659 434 657
Este endereço de email está protegido contra piratas. Necessita ativar o JavaScript para o visualizar.
www.puertodesanadrian.com

CARTAS NÁUTICAS: 416, 416A, 416B IHM - Coordenadas: 42º 14.5’N 008º 43.4’W

DERROTERO

A presenza das illas Cíes na boca da Ría de Vigo entre Cabo Silleiro ao S e o frontón de Cabo Home na península do Morrazo ao N dá lugar a que se poida ter acceso á ría viguesa por tres lugares distintos: 1- Canle do Norte: Entre a illa de Monte Agudo e o frontón de Cabo Home. 2- Canle do Sur: Entre a illa de San Martiño e Cabo Silleiro. 3- Freu daa Porta: Entre a illa do Faro e a de San Martiño. Os dous primeiros máis anchos que permiten fondear utilizados polo tráfi co comercial e o Freu soamente por embarcacións de pouco calado. Na ría de Vigo está actualmente implantada e é de obrigado cumprimento a normativa en vigor pola creación dos dispositivos de separación de tráfico. Freu da Porta: é a canle entre a Ila do Faro e a de San Martiño. Ten a súa parte máis estreita entre as puntas de Pau da Bandeira e a costa S da illa do Faro cunha anchura de 0,25 M e profundidades entre 7 e 20 metros na medianía da canle. De beiras altas e escarpadas se o pasamos a vela teremos que xogar cos desventes completos e esperar o refacho que pode cargar con violencia. Co mar convén extremar as precaucións. Aconséllase nestas condicións se o noso barco cala máis de tres metros, buscar outro acceso máis seguro. Recalando do O a mellor marca desta canle é o pico do faro de Cíes. Tanto de saída coma de entrada se alcanzamos a bocana pasaremos sen problemas.

O acceso á Ría de Vigo polas bocas N e S que indican os rumbos ofi ciais están indicados para buques de eslora superior a 20 m.

COMUNICACIÓNS E ACCESOS

Aeroporto máis próximo: Peinador (Vigo), tlf. +34 986 268 200. O porto está a 15 minutos da Autoestrada do Atlántico AP-9 con Santiago de Compostela a 90 km.

TURISMO

Visitar, o Parque do Castro coas súas marabillosas vistas da cidade, e o parque máis céntrico, o de Castrelos, o outro pulmón verde da cidade de Vigo. Se queres gozar do tempo libre faino na zona da praia de Samil, na zona centro da cidade cun paseo pola rúa Príncipe e a súa continuación da Rúa Urzáiz, rúas con varias tendas e con moito ambiente comercial e aproveita para ver o Museo da Arte Contemporánea situado na rúa Príncipe. Outras visitas culturais son o Museo Verbum na Avenida de Samil e o Museo Pazo- Quiñones de León en Castrelos. Desde a rúa Príncipe onde se atopa a estatua do Sireno na Porta do Sol podemos dirixirnos ao casco histórico e aproveitar a zona de pinchos e tapas con especial atención ao mercado da Pedra. Nos arredores, atopamos o Monte da Guía coa súa Ermida e se vos gustan os animais podedes visitar o único zoolóxico de toda Galicia o VigoZoo, aínda que teremos que ir en coche aos dous lugares.

 

CARACTERÍSTICAS:
Amarres: 270
Esloras: 6 a 20 m.
Calado: 2 m.

Información Agua Electricidad  Aparcamiento Botiquín Estación Meteorológica  Recogida Basuras Recogida Aceites Vigilancia VHF Restaurante Oficinas 

Intecmar

Cetmar