Porto de Cabo de Cruz

XESTOR

Club Náutico Boiro. Marina Cabo de Cruz

CONTACTO:
Ensenada de Corbiño
15939 Cabo de Cruz
Apdo Correos 68 - Boiro
A CORUÑA
Telfs. +34 981 845 358  +34 622 884 846
Este endereço de email está protegido contra piratas. Necessita ativar o JavaScript para o visualizar.
www.nauticoboiro.com

CARTAS NÁUTICAS: 41, 41B, 42 IHM - Coordenadas: 42º37’N 008º53’W 

DERROTERO

Porto pesqueiro e mexillonero de primeira orde do municipio de Boiro, no norte da Ría de Arousa, resgardado de ventos e só afectado un pouco polo S.A entrada non ofrece dificultade. Situado en fronte da Pobra do Caramiñal, é eminentemente pesqueiro, serve de base a unha pequena frota artesanal e como porto mexillonero. Dende a boia que marca o baixo Polveira de Fuera, ao seu SW o rumbo é directo, así como dende a outra boia (Baixo Moscardiño) extremo oriental da enseada do Caramiñal. Porto con bo fondo e abrigado.

COMUNICACIÓNS E ACCESOS

Aeroportos máis próximos: Lavacolla (Santiago), tlf. +34 981 547 501.
Comunicada pola Autoestrada AP-9 a 50 quilómetros en dirección Santiago. Estación de autobuses en Boiro.

TURISMO

En Cabo de Cruz podémonos avituallar de material náutico, dende o máis sofi sticado equipo electrónico ata un simple grifón.
En canto á hostalaría, Boiro ofrece un amplo catálogo de instalacións, hoteis, restaurantes, casas rurais... e unha bisbarra ben comunicada co resto de Galicia e cos mellores atractivos turísticos desta impresionante ría. En Boiro a serra e o mar combínanse para ofrecer ao visitante un espazo cheo de posibilidades relacionadas co ocio e o tempo libre en contacto coa natureza.

CARACTERÍSTICAS:
Amarres: 220
Esloras: 6 a 18 m.
Calado: 2 a 5 m.

Información Agua Electricidad  Aparcamiento Botiquín Estación Meteorológica Taller  Combustible Tránsitos Cámaras Recogida Basuras Recogida Aceites  Aguas Residuales Vigilancia VHF Duchas Aseos Restaurante Hielo  Rampa Varada  Escuela Vela Escuela Buceo Club Náutico Oficinas 

Intecmar

Cetmar