Porto de Muros

XESTOR

Muport, S.L.

CONTACTO

Porto de Muros s/n
15250 Muros – A CORUÑA
Telf. +34 981 827 660
Móvil +34 608 174 395
Este endereço de email está protegido contra piratas. Necessita ativar o JavaScript para o visualizar.
www.muport.es

CARTAS NÁUTICAS: 415ª IHM - Coordenadas: 42º 46’ 30.04’’N W 09º 03’ 16.02’’W

DERROTERO

Os barcos de gran desprazamento que arrumben á ría de Muros e Noia desde o Norte e queiran pasar por fóra dos Meixidos, deben conservar proxectado o Centolo de Fisterra sobre o cabo da Nave e non virar cara ao Leste ata que os Bruyos nos deixan ver a faldra norte do monte Louro. Os barcos de menor desprazamento poderán pasar pola chamada Canle dos Meixidos discorrendo o seu rumbo paralelo á costa ata chegar a media milla ao sur de monte Louro e librar así os Leixoes. Ao pouco de remontar os illotes Leixoes descubriremos que a costa N nos ofrece un primeiro fondeadoiro, a enseada de San Francisco. Máis ao NORDÉS encontraremos xa as enseadas de Bornalle e Muros. Para acceder a Muros abonda manternos a uns 300 metros do cabo Reburdiño. O porto está ben sinalizado e só debemos estar atentos ás zonas de viveiros, sobre todo se optamos por saírnos das canles sinalizadas.

COMUNICACIÓNS E ACCESOS

Aeroportos máis próximos: Lavacolla (Santiago); tlf. +34 981 547 501. Alvedro (A Coruña); tlf. +34 981 187 200. Peinador (Vigo); tlf. +34 986 268 200.

TURISMO

Porto eminentemente pesqueiro situado na costa norte da Ría de Muros e Noia. En época estival, este porto ten, ademais, unha escola de vela municipal.

Muros é unha das vilas mariñeiras máis fermosas e mellor conservadas de Galicia. En 1970 foi declarada Conxunto Histórico Artístico. Paseando polas súas arcadas góticas e por as súas pintorescas rúas e plazuelas, encontramos a Praza da Constitución, a Rúa Real e a do Hospital, a capela das Angustias e a de San Xosé, o Hospital dos Pobres, as fontes e as casas porticadas da Avenida da Mariña e a igrexa de San Pedro de Muros. Interese sobresaínte ten a aba protexida do monte Louro, onde se pode visitar o mosteiro de San Francisco. En Serres achamos muíños de marea rehabilitados.

Tamén é fermosa a fita litoral coas praias de Perameán e San Francisco. A mediados de xullo celébrase a famosa "Carreira de Carrilanas", unha das carreiras de vehículos sen motor máis divertidas de Galicia.

 

CARACTERÍSTICAS

Amarres: 210
Esloras: 6 a 20 m.
Calado: 3 m.

Información Agua Electricidad  Aparcamiento Botiquín Estación Meteorológica Tránsitos Recogida Basuras Recogida Aceites  Aguas Residuales Vigilancia VHF  Aseos Oficinas 

Intecmar

Cetmar