Porto de Ortigueira

XESTOR

C. N. de Santa Marta de Ortigueira

CONTACTO:
Peirao Deportivo s/n
Ortigueira - A CORUÑA
Telfs. +34 630 183 901
+34 629 840 276
Este endereço de email está protegido contra piratas. Necessita ativar o JavaScript para o visualizar.
www.nauticoortigueira.com

CARTAS NÁUTICAS: IHM 4083, 931 - Coordenadas: 43º 43’ 5’’, 7º 21’ 3’’

DERROTERO

Abre a barra de Santa Marta entre a Ila de San Vicente polo L e a Punta do Frade polo O, sendo a parte navegable a máis próxima á parte occidental da Illa. Accedemos á boca polo NO tendo presente os restos do casco dun Barco fronte á praia de Fornos que en preamar queda cuberto. Acadamos o centro da barra levando a punta máis occidental da illa pola amura de Br e arribando máis cara a ela, navegando moi preto das súas pedras a unha distancia duns 15/20 metros. Seguimos a ese rumbo Rv: 195º pasada a barra de area metemos cana a Er acadando a canle que ten uns 200 m de ancho de escaso fondo. O Club Náutico de Ortigueira fondeou unhas boias de cor vermella e verde que nos indican a ruta. Na revolta coñecida como Sismundi mídense sondas entre 8 e 11 metros. Esta poza aprovéitana algúns veleiros para fondear se non teñen praza no porto deportivo. As condicións cambiantes que sofre a canle de entrada á ría de Santa Marta de Ortigueira, así como a posibilidade de rompente nesta, difi cultan o acceso ao porto. É aconsellable entrar ou saír cunha hora antes da preamar.

COMUNICACIÓNS E ACCESOS

Estradas: Estrada Comarcal C-642. Percorre a costa desde Ferrol ata Ribadeo.
Trens: Ferrocarril de Vía estreita FEVE. Estación de Ortigueira, tlf. +34 981 422 201.
Autobuses: A compañía de autobuses Arriva une Ortigueira coas principais cidades de Galicia.
Aeroportos: Aeroporto máis próximo: Alvedro (A Coruña); tlf. +34 981 187 200; Lavacolla
(Santiago), tlf. +34 981 547 501.

TURISMO

O porto de Ortigueira atópase na metade da costa oriental de Estaca de Bares. A este porto vaise en época estival; con todo, nel amarra unha pequena frota que faena estacionalmente. Na actualidade conta cunhas boas instalacións náutico-deportivas. A vila na que se sitúa, Santa Marta de Ortigueira, é coñecida internacionalmente pola celebración do Festival do Mundo Celta. De feito, son moi abundantes na zona os restos prehistóricos precélticos, celtas e de épocas posteriores.

CARACTERÍSTICAS:
Calados: 1,5 y 3 m.

Información Agua Electricidad Aparcamiento Botiquín Estación Meteorológica Taller Tránsitos Cámaras Recogida Basuras Recogida Aceites Vigilancia VHF Duchas Aseos Restaurante Grúas Rampa Varada Club Náutico Oficinas 

Intecmar

Cetmar