XESTOR
Club Náutico Deportivo Ribeira
CONTACTO:
Puerto Deportivo, s/n
Ribeira - A CORUÑA
Telf. +34 981 874 739
Fax +34 981 873 801
Este endereço de email está protegido contra piratas. Necessita ativar o JavaScript para o visualizar.
www.nauticoriveira.com
CARTAS NÁUTICAS: 415, 415A, 4151 IHM - Coordenadas: 42º 45’ 8’’, 8º 56’ 6’’
DERROTERO
Se vimos de fóra da ría, o mellor é utilizar como referencia a illa da Rúa, que é un conxunto de pedras cunha lonxitude de 500 metros, sen apenas vexetación, e provista dun pequeno faro. Encóntrase practicamente no centro da ría, a unha milla ao 281° do Xidoiro Pedregoso (no outro lado da canle principal da ría). Alcanzada a Rúa, debe deixarse por babor o Sinal do Castro, enfi lando ao 10° ata ter Santa Uxía ao 350°. Aproximadamente no centro do dique destaca un edifi cio de 12 plantas, de fachada cuadrangular, que pode servir de referencia ao navegante.
COMUNICACIÓNS E ACCESOS
Aeroportos máis próximos: Lavacolla (Santiago) a 40 km, tlf. +34 981 547 501; Peinador (Vigo), tlf. +34 986 268 200.
Desde o sur de Galicia pódese acceder ao municipio por Padrón pola AP-9 seguindo a dirección de Ribeira.
Estación de Santiago a 40 km. Conexión con toda a Península, tlf. +34 981 520 202.
TURISMO
A paisaxe, as praias e a gastronomía constitúen o principal atractivo para o turismo estival. Puntos de interese na zona son: a lonxa de Ribeira, o mirador e a ermida de San Alberte, desde onde se observa a ría de Arousa, tamén podemos ver a casa dos marqueses de Revilla, ou importantes monumentos prehistóricos como o Dolmen de Axeitos, o castro da Cidade e o peirao da Covasa.240
CARACTERÍSTICAS:
Amarres: 253
Esloras: 6 a 12 m.
Calado: 4 m.