Marina Sada

XESTOR

Marina Sada

CONTACTO:
Marina Sada
Avda. del Puerto, s/n
15160 Sada – A CORUÑA
Telf. +34 981 619 015
Fax +34 981 619 287
www.marinasada.com
Este endereço de email está protegido contra piratas. Necessita ativar o JavaScript para o visualizar.

CARTAS NÁUTICAS: IHM 412, 4122, 4125, 4126 - Coordenadas: 43º21´7 N – 008º14´,6 W

DERROTERO

ENTRADA MARÍTIMA

A enseada de Sada, está comprendida entre a Pta. Curbeiroa e a Pta. de Fontán, no golfo Ártabro que forman as rías de Ferrol, Ares, Betanzos e A Coruña. A boca común das rías podémola situar entre os illotes da Marola e de Miranda. A entrada é ampla e non ofrece maiores dificultades que os fondos arenosos que hai nos fondos das dúas rías. Ao Sur do paralelo da punta de Fontán, os fondos son inferiores a 5 metros en baixamar. Aquí atoparemos un bo lugar para fondear, pero podemos facer porto en Fontán que, segundo o rumbo, áchase ao SO deste fondeadoiro. Dun punto da costa situado E-O coa pedra Pulgueira, (xa demolida e non existente) arrinca un dique de dirección LNL, duns 140 metros de lonxitude. Desde o arranque este dique ata A Punta Tiñosa existe un peirao de costa. Na actualidade, tamén se dispuxo dunha serie de pantaláns para embarcacións e unha área destinada a estas ao N deste dique. Da medianía deste arrinca un peirao pesqueiro e tamén debemos engadir que existe outro dique de abrigo de 376m. Orientado ao LSL e unha explanada que conta con numerosas instalacións portuarias

COMUNICACIÓNS E ACCESOS

Estradas: Enlace Bergondo Autoestrada AP-9.
Trens: Estación da Coruña a 17 km. Conexión con toda a Península; tlf. +34 981 150 202.
Autobuses: Comunicación con A Coruña cada 30 minutos. Telf.: +34 981 239 099
Aeroportos: A Coruña (Alvedro) a 18 km.Telf: +34 981 187 200
Aeroporto de Santiago (Lavacolla) a 64 km. Telf.: +34 981 547 501
Aeroporto de Vigo (Peinador) a 144 km. Telf.: +34 986 268 200

TURISMO

O porto de Sada está emprazado en plena Ría de Betanzos no norte da provincia da Coruña.

É un porto pesqueiro e deportivo (o porto deportivo máis característico da comarca), que ademais conta coa escola de vela.

É un importante enclave turístico situado no medio da comarca das Mariñas, que acolle pobos dunha gran beleza como Lorbé, Mera e Santa Cruz. Sada está próximo á Coruña e ten indubidable interese turístico especialmente no verán, cando se pode gozar das festas de agosto e saborear as excelencias gastronómicas da zona, especialmente as afamadas sardiñas. O complexo de Cerámicas do Castro constitúe outro punto de referencia para o visitante, as súas pezas artísticas son de gran calidade e ademais as súas instalacións conforman un fantástico complexo cultural.

CARACTERÍSTICAS:
Amarres: 770
Eslora: 6 a 25 m.
Calado: 2 a 3 m.

Información Agua Electricidad  Aparcamiento Botiquín Estación Meteorológica Taller  Combustible Tránsitos Cámaras Recogida Basuras Recogida Aceites  Vigilancia VHF  Duchas Aseos Restaurante Hielo  Grúas Rampa Varada  Oficinas 

Intecmar

Cetmar